BANCO DO TEMPO DE
VALLADARES
 
PAXINA INICIAL/PRESENTACION

O BANCO DO TEMPO DE VALADARES

É unha iniciativa veciñal cuxa finalidade é a participación social e o ntercambio de servizos entre persoas usuarias.

Púxose en marcha en Setembro do ano 2007, tutelado polo Proxecto Contal con Elas, promivio pola mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo; comezando a funcionar en xaneiro do 2008 de maneira independente.
Na actualidade contamos con máis de 100 persoas usuarias que realizan intercambios de forma regular; ademáis contamos co apoio da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia e da Consellería de Participación Cidadá do concello de Vigo.
¿Qué é un Banco do Tempo?
É un sistema de participación social no que as persoas usuarias intercambian Servizos, onde a unidade de intercambio é a HORA.
"Si eres electricista podes ofertar os teus servizos de forma gratuita durante unha hora, unha costureira pode que che arranxe os baixos de ese pantalón que che ben largo, tamén de forma gratuíta".
¿Cómo funciona?
Unha persoa deposita unhas horas do seu tempo ofertando un servizo que desexa dar e, a cambio, pode solicitar tempo de outras persoas para resolver necesidades e actividades da vida cotiá.
Para poder ofertar e demandar servizos é imprescindible inscribirse como persoa usuaria do Banco do Tempo de Valadares.
PARA FACERSE PERSOA USUARIA DO BANCO
Hai dúas opcións:
  
* Chamando á Secretaría do banco: 986467053.
* Presencialmente na Secretaría do Banco:
CENTRO VECIÑAL E CULTURAL DE VALADARES.
Estrada Xeral de Valadares nº 261.
36315 Vigo.
LOCALIZACIÓN VÍA SATÉLITE